As doenzas abdominais centraron unha nova xornada sociosanitaria en Outes

11 Abril 2025

O salón de actos da Casa da Cultura de Outes acolleu este xoves 10 de abril unha nova conferencia das Xornadas de Información Sociosanitaria, edición XIX. A sesión desenvolveuse baixo o epígrafe Enfermidades abdominais. Calidade de vida e foi impartida polo doutor Manuel Barreiro de Acosta. da Unidade Enfermidade Inflamatoria Intestinal do CHUS. Á conferencia asistiron máis de 150 persoas.

A coordinación correu a cargo do doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, a relatora foi agasallada con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 29 de maio de 2025 coa conferencia Envellecemento saudábel, impartida polo doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes, dentro das XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. Con esta conferencia, quedará clausurada a nova edición.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.