As charlas sobre autismo de Rianxo poñen o foco na ansiedade (onte) e na sexualidade (hoxe)

04 Abril 2025

No marco das II Xornadas de Autismo do Concello de Rianxo (encadradas nas celebracións do Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo), o Pazo de Martelo acolleu este xoves 3 de abril unha charla sobre a ansiedade no autismo impartida por Sandra Fernández da Clínica NeuralMente. Este venres 4 de abril, a asociación ASPERGA impartirá na mesma localización unha charla sobre a sexualidade e o autismo. Será a partir das 16.00 horas.

Para rematar, o domingo 6 de abril o Concello de Rianxo celebrará a II Andaina Solidaria da Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza – BarbanTEA. Será unha andaina doada, de 5 km, que discorrerá fundamentalmente o paseo marítimo rianxeiro e a senda litoral de Taragoña. As inscricións pódense realizar no Servizo de Deportes.

O Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo é unha data que ten como obxectivo dar visibilidade na sociedade ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover súa participación social en igualdade de condicións.

O Concello de Rianxo argallou un amplo programa de actividades para celebrar esta xornada. Para comezar, o pasado mércores celebrouse no Pazo de Rianxiño, ás 17.00 horas, un acto institucional e a lectura dun manifesto co que reivindicar a plena integración das persoas con TEA. De xeito complementario, o equipo do Concello iluminou a fachada da Casa Consistorial en sinal de solidariedade.

Dende o Concello de Rianxo tamén recordan que podemos coñecer máis detalles sobre esta iniciativa visitando o portal web www.diamundialautismo.com ou contactando coa Federación Autismo Galicia a través de info@autismogalicia.org ou do 981 589 365.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.