Alfonso Villares e o ministro do Mar de Cabo Verde visitaron a sede de JEALSA

03 Abril 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este xoves 3 de abril a sede da empresa boirense JEALSA, que cualificou, na súa estadía na planta de Bodión, “de “axente imprescindíbel na industria de transformación de produtos do mar”.

Así o puxo en valor durante a visita realizada a esta factoría polo ministro desta carteira en Cabo Verde, José Pedro Mauricio dos Santos, e na que o conselleiro sinalou que “para Galicia é fundamental ter presenza empresarial no país africano, pois é un operador de referencia na Unión Europea e no Norte de África, fundamentalmente, no sector dos derivados do bonito”.

A Xunta fixo saber que esta visita consolidou as xestións levadas a cabo nos últimos meses polo responsábel autonómico, e iniciadas na viaxe realizada a este país o pasado ano.

O conselleiro lembrou que as relacións pesqueiras de Galicia con Cabo Verde “teñen un carácter estratéxico, por ser Porto Grande, en Mindelo, unha base loxística mundial de importancia máxima para a frota galega”. Asemade, destacou a relevancia dos seus recursos mariños, especialmente de especies como peixe espada, atún, xurelo e cabala, e a súa localización xeoestratéxica en termos loxísticos.

Ademais, recordou que a frota pesqueira de palangre de superficie pesca en augas da ZEE de Cabo Verde ao abeiro do acordo subscrito entre a Unión Europea e o país insular, que permite faenar, fundamentalmente, aos buques con porto base en Burela, A Garda e Vigo.

JEALSA conta con preto de 3.500 traballadores, pechando o exercicio fiscal con preto de 380 millóns de facturación consolidada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.