ADISBISMUR reivindica este xoves en Muros a X Solidaria

02 Abril 2025

Coincidindo co inicio da campaña da declaración da renda, o xoves 3 de abril, ás 12:00 horas no Curro da Praza de Muros, a asociación inclusiva da comarca muradá ADISBISMUR fará unha grande X Solidaria acompañada do alumnado do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez e o IES As Ínsuas.

Este acto quere facer un chamamento a toda as persoas que teñen que presentar a declaración da renda para que marquen o recadro 106 de Actividades de Interese Social, o que permitirá que o 0,7% do IRPF vaia destinado a proxectos de carácter social, lembran dende a asociación inclusiva de Muros e Outes.

A xeito de exemplo do que se pode facer con esta X Solidaria, dende ADISBISMUR lembran que cos fondos do 0,7% da declaración anterior, a entidade puido levar a cabo unha mellora da fachada exterior do centro ocupacional que ten en Valadares, no concello de Outes.

Durante o acto deste xoves 3 de abril lerase un manifesto coas principais reivindicacións dos colectivos sociais, dando conta de información sobre os programas que se poñen en marcha cada ano grazas ás persoas contribuíntes que marcan o X Solidario.

A asociación lembra que marcar a X Solidaria non ten custe algún e que marcando o recadro da Igrexa os contribuíntes poden marcar tamén o de Actividades de Interese Social, co que axudarán “o dobre, co 1,4% do seu IRPF”.

Máis información en EAPN Galicia 604 028 198 www.xsolidaria.org.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...