Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no Concello de Lousame

03 Abril 2025

O Parque Provincial de Boiro acudiu a primeira hora da mañá deste 3 de abril a un aviso por accidente de tráfico cunha persoa atrapada nun vehículo envorcado na DP-110 en Meixonfrío, no concello de Lousame.

Os bombeiros procederon ao rescate da vítima que presentaba feridas leves e foi atendida polo persoal sanitario do 061.No operativo colaboraron o GES de Noia, a ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.