Accidente de tráfico con atrapados na DP-3302 á altura do concello de Padrón

06 Abril 2025

Pasadas as 22:15 horas do sábado, un particular alertou ao 112 Galicia do sinistro, rexistrado no quilómetro 1,5 da DP-3302, en Cruces (Padrón). Unha das persoas implicadas permanecía atrapada no interior dun dos coches.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia pediron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Padrón e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Os Bombeiros encargáronse de liberar ao home, que foi atendido no punto e posteriormente trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

A incidencia foi ocasionada por unha colisión entre dous turismo sendo preciso o labor dos bombeiros provinciais para liberar do interior do turismo a un dos ocupantes.

Completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico de Santiago e o GES de Padrón.

Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña. Bombeiros Boiro

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...