A nova terminal de pasaxeiros de Santiago abrirá en maio. A estación intermodal contará cun aparcadoiro de 900 prazas en 2026

11 Abril 2025
A intermodal de Santiago, pasará a denominarse ‘Estación de Santiago-Daniel Castelao‘,  Nova Intermodal de Santiago. Adif

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres dous importantes avances para a cidade: a posta en marcha da terminal de pasaxeiros da estación intermodal, que se inaugurará en maio baixo a denominación oficial Estación de Santiago de Compostela – Daniel Castelao, e a futura construción dun aparcadoiro con capacidade para 900 vehículos, que estará listo no verán de 2026.

Sanmartín realizou este anuncio tras unha reunión de traballo co delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o director xeral de Negocios e Clientes de ADIF, Juan Pablo Villanueva Berltramini. Na xuntanza abordáronse temas estratéxicos como a apertura da terminal, a denominación oficial da estación e o calendario de execución do novo aparcadoiro.

A alcaldesa expresou o seu agradecemento ao Goberno central polo investimento, subliñando a importancia dunha infraestrutura que considera “moi necesaria para Santiago”. Segundo detallou, as obras do aparcadoiro comezarán en setembro de 2025 cun prazo de execución de nove meses e un orzamento de 9 millóns de euros. “Levamos moito tempo demandando esta actuación”, sinalou Sanmartín, quen destacou que o espazo tamén dará servizo á zona do Ensanche.

En canto á nova denominación da estación, Sanmartín lembrou que foi aprobada por unanimidade no Pleno municipal en xaneiro de 2019. A inauguración coincidindo co Ano Castelao confírelle, ao seu xuízo, “un valor simbólico e significativo”. A terminal abrirá xa co nome de Daniel Castelao, figura central da historia cultural e política de Galicia.

A proposta gráfica da nova denominación foi obra do deseñador Pepe Barro, en colaboración coa rexedora. O logotipo, cunha tipografía de inspiración art-decó que evoca tanto a época como a letra característica de Castelao, estará acompañado dun proxecto expositivo que afondará nas distintas facetas do homenaxeado: humorista, escritor, político e símbolo da Galicia do século XX.

“Hoxe estamos de noraboa”, concluíu Sanmartín, quen puxo en valor o legado de Castelao como “referente dun compromiso exemplar con Galicia”. Pola súa parte, o delegado do Goberno asegurou que a estación “non terá nada que envexar” ás doutros puntos do país, mentres que ADIF salientou as melloras en materia de accesibilidade e conectividade que traerá consigo esta nova infraestrutura.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.