A Escola de Música de Porto do Son celebra en maio xornadas de portas abertas

29 Abril 2025

A Escola de Música de Porto do Son vai celebrar este mes de maio varias xornadas de portas abertas, co obxectivo de mostrar a súa actividade ante os futuros talentos musicais do termo municipal. As xornadas, que serán de balde, consistirán en actividades formativas na Casa da Cultura de Porto do Son, os días 19, 20 e 21 de maio. As persoas interesadas en participar poden achegar os seus datos na folla de inscrición habilitada na Rede. As sesións desenvolveranse en horario de tarde, entre as 15.00 e as 19.30 horas. Estarán abertas para adultos e nenos e nenas de cinco anos en adiante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.