A Asociación de Empresarios de Ribeira e a Asociación da Praza de Abastos de Ribeira únense para impulsar o comercio local.

15 Abril 2025

A céntrica sede da patronal ribeirense en Santa Uxía acolleu este martes 15 de abril a presentación oficial da colaboración entre a Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) e a Asociación da Praza de Abastos. Esta alianza nace co obxectivo de “desenvolver conxuntamente proxectos de dinamización comercial e fidelización de clientes, así como campañas e eventos destinados a fortalecer o comercio local”.

Unha das primeiras medidas anunciadas será a posta en marcha de campañas de captación e mantemento de clientes mediante a entrega de tíckets de aparcadoiro gratuítos. Con esta iniciativa, ambas as entidades buscan facilitar o acceso ás zonas comerciais e facer fronte a unha das principais barreiras para o consumo local: a falta de prazas de aparcamento. “Queremos que comprar en Ribeira sexa fácil e atractivo, e eliminar a escusa do aparcamento é un paso crave para iso”, sinalaron desde a organización.

O concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, tamén estivo presente na rolda de prensa e mostrou o seu respaldo a esta unión. Mariño destacou “a importancia desta colaboración para o desenvolvemento económico da cidade” e reafirmou o seu compromiso para “seguir traballando pola mellora do Mercado Municipal”. Neste sentido, anunciou que o obxectivo é conseguir “para a Praza de Abastos o recoñecemento como Mercado de Excelencia”.

Ademais, o concelleiro lembrou que xa se puxo en marcha unha das melloras recentes no mercado: a instalación de novos despachos de billetes intelixentes, que permitirán aos clientes poidan gardar as súas compras de forma máis cómoda e flexíbel.

Engadiron que esta nova etapa de colaboración entre AER e a Praza de Abastos busca “xerar sinerxías que beneficien tanto a comerciantes como a consumidores, reforzando o comercio de proximidade como motor económico e social de Ribeira”.

Na cita cos medios de comunicación celebrada este 15 de abril participaron o presidente da patronal de Ribeira, Francisco Martínez Gude, a presidenta da Asociación da Praza de Abastos, Juana Gómez, e o concelleiro de Mercados, Vicente Mariño de Bricio.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.