A artesá de Rois Sonia Ares elixe a cinco mulleres con discapacidade intelectual para facer de modelos das súas xoias

04 Abril 2025

Co obxectivo de acadar a inclusión, a igualdade real e un futuro para as mulleres con discapacidade intelectual nace No Camiño, unha iniciativa da ourive e artesá Sonia Ares, natural de Rois. Será mañá, sábado 5 de abril, entre as 10 e as 14 horas, cando a sede da Asociación AMIPA en Sorribas (Rois) acollerá a gravación dun vídeo no que cinco mulleres con discapacidade intelectual da Asociación serán modelos por un día, lucindo pezas exclusivas da dita artesá local Sonia Ares.

As participantes terán a oportunidade de ser as primeiras en vestir e amosar as creacións da deseñadora en formato audiovisual. Cómpre dicir que o vídeo estará dirixido polo realizador Paulo de Oliveira, mentres que a maquillaxe e o peiteado correrán a cargo do eco-salón de beleza Silvia’s Look de Padrón, garantindo unha experiencia profesional e inmersiva para as protagonistas.

Esta iniciativa xorde tras a participación de Sonia Ares en Airea Local, un proxecto de innovación social desenvolvido en xuño de 2024 na sede de Amipa, no que máis de 90 persoas exploraron novos xeitos de construír comunidades máis inclusivas.

AMIPA é a Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar, creada en 1997 para mellorar a vida das persoas con discapacidade e as súas familias. Co seu centro ocupacional en Sorribas, promove a formación, o emprego e a inclusión a través de diversas actividades e colaboracións con empresas e entidades sociais.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.