Sotavento (Outes) e Nordestada (Portosín), na delegación coruñesa no Galicia Fórum Gastronómico

21 Marzo 2025
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

A Deputación da Coruña estará Galicia Fórum Gastronómico, a feira que celebra a súa décima edición en EXPOCoruña do domingo 23 ao martes 25 de marzo. Farao no marco do programa A paisaxe que sabe e coa colaboración dunha decena de produtores e produtoras da provincia e ofrecendo un amplo programa de case 30 iniciativas no seu stand. A institución provincial porá o foco nos elementos paisaxísticos que alimentan a gastronomía da provincia e reforza a estratexia de compromiso cun turismo de calidade, que promova a preservación do medio e a mellora socioeconómica da contorna.

A Despensa D’Lujo (Coristanco), Cafés Lúa (Carballo), Chichalovers (Santiago de Compostela), Galmesán (Arzúa), Martietas de Fío (Bergondo), Orixes Galegas (Boqueixón), San Isidro Bakery (Bergondo), Sotavento (Outes) e Vánagandr (Cambre) son os produtores locais que, nesta ocasión, van da man da Deputación. Xunto a elas, a institución provincial ofrecerá durante os tres días do evento no seu stand un programa con almorzos, showcookings e degustacións desde as 11:00 horas ata máis aló das 18:30.

Para estas actividades, a Deputación tamén contará con presentacións dos centros colaborativos da Fusquenlla (Moeche) ou Brión e cociñeiros e cociñeiras como Nel Parada (Nordestada, en Portosín), Víctor Basante (Arrueiro, en Laxe), Iria Espinosa (Árbore da Veira, A Coruña), Miguel Vázquez (Atípico, A Coruña), Nair González (Muelle 43, Mugardos) ou Lucía Freitas (A Tafona, Santiago).

O Galicia Fórum Gastronómico, enfocado principalmente a profesionais da enogastronomía, acada a súa décima edición e neste 2025 terá como eixo principal ‘Un océano de cocinas’ para facer honra á diversidade culinaria que emana das profundidades do Atlántico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...