Prosegue a Mostra de Teatro Amador de Outes con “Asalto de cama”

27 Marzo 2025

Este 29 de marzo proseguen as funcións da primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Outes (Mostra de Teatro Nicolasa Añón) que se celebran na Casa da Cultura da Serra cada semana nesta tempada. Este certame, organizado pola Asociación Terra de Outes en colaboración co Concello, achegará ao público este sábado ás 20.00 horas a cuarta función do programa: a peza teatral Asalto de cama, da agrupación Teatro do Muíño, con sede en Laraño (Santiago). Trátase dunha función protagonizada por Miguel López, Carmen Doval, Carmen Ruzo, Dolores Carnota, Esperanza Nogueira, Mari Carmen Vites, Elisa Ruzo, Fina Costa e Antonio Leis. O espectáculo, dirixido por Xurxo Barcala, é unha obra para maiores de 16 anos.

A axenda da mostra inclúe funcións todos os sábados ás 20.00 horas, dende o 8 de marzo ate o 12 de abril, no auditorio da Casa da Cultura. A escolma de pezas foi elaborada pola Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes conxuntamente co Concello. O obxectivo é dar a coñecer agrupacións de teatro amadoras e achegar o seu traballo á veciñanza e visitantes.

As obras serán de acceso libre e gratuíto ate completar aforo polo que non se farán reservas.

As funcións comezaron este sábado 8 de marzo, con Quen o diría, da Asociación Charamela de Melide, e proseguiron o 15 de marzo con O Parvo, do grupo Badius, e o 22 de marzo con O Mestre, da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro (Muros).

O 29 de marzo será a quenda de Asalto de cama, de Teatro do Muíño (Laraño, Santiago).

O 5 de abril celebrarase a estrea da obra O doente imaxinario… Daquela maneira do grupo anfitrión.

A axenda remata o 12 de abril con Moito ruído e poucas noces, de Teatro Carauta (San Pedro, Santiago).

A axenda ao completo pódese consultar na web municipal, outes.gal.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.