Presentada a nova Comisión de Festas de Aguiño e o programa da Festa da Xuventude, que contará con El Combo Dominicano

26 Marzo 2025

Este 25 de marzo presentouse fíxose en Ribeira unha dobre presentación cultural: por unha banda, a futura Comisión de Festas de Aguiño que collerá a remuda da actual, e pola outra, a presentación do programa da Festa da Xuventude de Aguiño que se celebra o vindeiro 23 de maio, que contará no cartel con El Combo Dominicano e un Festival de DJs.

Na cita deste martes 25 acudiron o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o novo presidente da Comisión de Festas de Aguiño, Julio Abraldes, o promotor local de Curotiña Eventos, José Antonio Fernández, máis as compoñentes da Comisión, Teresa Sampedro, Pamela Sampedro e Pilar Millet. A cita celebrouse na Oficina de Turismo, no porto de Ribeira.

Abriu o acto Mariño de Bricio agradecendo o labor da anterior Comisión de Festas de Aguiño por “estes anos de servizo e traballo, sabemos que non é unha tarefa doada pero foron quen de traballar arreo durante anos organizando festas e dende aquí todo o noso agradecemento e respecto en nome do Goberno municipal”. Mariño quixo apelar á resiliencia do pobo de Aguiño: “Síntome orgulloso da fortaleza, da tenacidade dos veciños da miña parroquia; que ten unha gran capacidade para mobilizarse cando é necesario”. Tamén tivo palabras de agradecemento para Julio Abraldes e para os 24 integrantes da Comisión “porque todo isto faise de maneira altruísta e que ten o seu custe en tempo e a nivel familiar”.

Julio Abraldes destacou o feito de que cando lle xurdiu “a responsabilidade de non permitir que Aguiño se quedara sen as Festas do Carme”, a “sorpresa foi que no momento de chamar aos compañeiros e compañeiras que me acompañaron hai 14 anos na Comisión de Festas de Aguiño; dos vinte que chamei viñeron 19, porque un faleceu”. Julio agradeceu tamén “o traballo da anterior Comisión de Festas da que se está á espera de cumprimentar os trámites legais”.

Suárez-Puerta agradeceu o traballo da anterior Comisión: “Fixo un traballo moi bo do que estamos moi agradecidos”. Tamén tivo palabras de gratitude para o pobo de Aguiño “pola celeridade na consecución da nova Comisión, xa que non fomos a buscar a ninguén e foi o propio pobo o que se puxo a organizar o que vai a ser a Comisión de Festas máis numerosa do municipio”.

Para finalizar, José Antonio Fernández, da promotora Curotiña, indicou que xestionan a contratación de El Combo Dominicano ao completo e un Festival de DJs con Dumore e DJ Enter que “conformarán un cartel de primeira para a Festa da Xuventude”. Finalmente agradeceu á futura Comisión e ao Concello porque “fagan que isto sexa unha realidade”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.