O Son conmemora o Día da Árbore con plantacións de autóctonas desenvolvidas cos CEIPs Santa Irene e Campanario

22 Marzo 2025

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan José Calo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, participaron durante esta semana nas xornadas medioambientais xunto aos centros educativos de Santa Irene e Campanario, para conmemorar o Día da Árbore.

Así, un total de 195 alumnos/as de educación infantil e primaria de ambos colexios sumáronse a este iniciativa que consistiu na plantación de diversas árbores nos terreos da Comunidade de Montes de Noal durante varios días.

Para a realización destas xornadas de educación ambiental, o Concello de Porto do Son puxo a disposición dos centros educativos un total de 83 árbores de diferentes tipoloxías tales como 3 nogueiras, 15 ameixeiras, 5 albaricoqueiros, 5 pereiras, 2 marmeleiros, 3 amendoeiras, 10 castiñeiros de froito, 25 castiñeiros de madeira e 15 acivros de diferentes variedades.

O alcalde, Luis Oujo, destacou a importancia de “continuar fomentando o coidado do noso medio ambiente entre os máis pequenos e pequenas e seguir reforestando e enchendo de vida os nosos montes”. E engadiu: “A educación e a concienciación ambiental é un concepto fundamental que debe introducirse desde as idades máis temperás, xa que son o futuro e deben coñecer a importancia de respectar e coidar da nosa natureza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.