O inverno climatolóxico 2024-2025 en Galicia é o sétimo máis cálido da serie histórica

10 Marzo 2025

O inverno climatolóxico 2024-2025 (decembro, xaneiro e febreiro) en Galicia foi o sétimo máis cálido da serie histórica -que se remonta a 1961- ao rexistrarse unha temperatura media de 9,8 graos, que supón 1,3 graos máis dos valores habituais nesta época do ano.

Segundo o avance do balance climatolóxico desta estación elaborado por MeteoGalicia, esta situación debeuse a que os tres meses deste período rexistraron valores medios superiores aos datos normais. Así, a media da temperatura mínima foi 1,8 graos superior ao habitual e no caso da máxima, o rexistro superou en 0,9 graos os valores normais.

Máis polo miúdo, decembro foi cálido, cunha temperatura media de 9,5 graos -0,8 graos máis do habitual-, e febreiro considérase moi cálido ao rexistrar una media de 10,2 graos, que supera en 1,5 graos os datos normais.

En canto a xaneiro, foi extremadamente cálido con 9,8 graos de temperatura media e unha anomalía de 1,8 graos superior ao normal. De feito, foi o terceiro xaneiro máis cálido da serie histórica.

No que atinxe ás precipitacións, este pasado inverno climatolóxico pódese cualificar como lixeiramente húmido ao rexistrar unha media de 521 litros por metro cadrado, o que representa unha porcentaxe de chuvias un 17% superior ao que é habitual neste período do ano.

En concreto, en decembro a precipitación media foi de 78 litros por metro cadrado, o que supón un 60% menos do habitual, polo que se considera un mes moi seco. Pola contra, xaneiro foi extremadamente húmido. Rexistráronse 324 litros por metro cadrado de precipitación media, un 125% máis do normal. Estes datos convertérono no cuarto xaneiro máis húmido da serie histórica. O mes de febreiro, cunha precipitación media de 118 litros por metro cadrado -un 2% superior ao habitual- foi un mes normal en canto ás chuvias rexistradas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.