O Grupo municipal do BNG de Outes di que o novo goberno amosa improvisación e falta de transparencia

01 Marzo 2025

No pleno ordinario deste xoves, tras prosperar a moción de censura, o novo alcalde de Outes, Fran Calo, admitiu segundo o BNG, non ter organizado previamente as concellarías do executivo. Esta situación segundo o Grupo municipal do BNG de Outes, amosa que o novo goberno improvisación e falta de transparencia unha clara improvisación e posibles diferenzas internas dentro do novo goberno local.

Un dos aspectos máis controvertidos foi a negativa do novo executivo a confirmar a incorporación de Tono Caamaño, malia que o propio PP defendera publicamente a viabilidade xurídica da súa entrada no goberno. Esta contradición xerou incerteza sobre a cohesión e os compromisos do novo equipo.

O voceiro do BNG en Outes, Anxo Núñez, criticou a falta de planificación do PP e de Fran Calo, subliñando a diferenza coa anterior administración. Núñez lembrou que, antes da investidura de Manuel González, xa se publicara un acordo de goberno detallado cos obxectivos e a distribución das concellarías. Pola contra, o novo alcalde asegurou que a transparencia non era unha prioridade inmediata e que, de feito, o acordo de goberno aínda non estaba pechado.

Para o BNG, a situación actual do novo goberno suxire unha evidente falta de unidade. “Entrar sen ter repartida a carga de traballo é unha irresponsabilidade. Non é aceptable nin eficiente que todos os concelleiros do PP estean a todo e que se anden a pisar uns aos outros”, declarou Núñez.

A falta de claridade sobre o pacto de goberno e a ausencia de transparencia desde o primeiro momento xeran inquietude entre a veciñanza. Dende o BNG reclaman que o novo executivo respecte aos cidadáns e actúe con maior transparencia na xestión municipal.

Outros artigos

A Deputación da Coruña ratifica o seu apoio ao Culturgal

A Deputación da Coruña asinou un convenio coa Asociación Culturgal para colaborar no financiamento económico da última edición do evento. A deputada de Cultura, Natividade González, salienta que, con este acto, a institución ratifica o seu "compromiso" coa maior feira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.