O Consello Sectorial de Pesca de Ribeira demanda accións concretas para mellorar os portos e recuperar a ría

14 Marzo 2025

Este 14 de marzo celebrouse a reunión do Consello Sectorial de Pesca, órgano consultivo do Concello de Ribeira, onde se trataron diversos asuntos de relevancia para o municipio e para o sector do mar. A xuntanza estivo presidida polo alcalde e o concelleiro de Mar e participaron as confrarías, lonxa de Ribeira, asociacións do arrastre, cerco, representantes dos grupos da Corporación Municipal, sindicatos e empresarios. No seu transcurso acordouse demandar accións concretas e urxentes para poñer a punto as instalacións portuarias e recuperar a ría de Arousa.

Mantemento dos portos

Durante a xuntanza, abordouse a falta de mantemento nos portos do municipio, especialmente no de Ribeira, que, segundo indicaron, presenta un importante estado de abandono. Entre as deficiencias sinaladas destacan a necesidade urxente de renovar escaleiras, varandas, argolas e morróns, así como acometer unha renovación integral da iluminación, apostando por sistemas LED máis eficientes, dado que, actualmente, as avarías deixan con frecuencia o porto completamente ás escuras, sinalouse.

Tamén se fixo fincapé na necesidade de mellorar o estado das estradas que dan acceso aos portos, xa que algunhas delas presentan un avanzado grao de deterioro e precisan unha nova capa de pavimento.

Perda de produtividade da ría de Arousa

Outro dos puntos centrais do encontro foi a preocupación pola perda de produtividade da ría de Arousa. Tanto o sector como o goberno local coincidiron na urxencia de que a Consellaría do Mar leve a cabo un estudo científico que analice as causas desta baixada nas capturas e propoña medidas concretas para reverter esta situación.

Seguridade nos peiraos

A seguridade nos portos do municipio foi outro tema destacado. O sector do mar reclamou a presenza de policía portuaria durante as noites para “garantir a seguridade das embarcacións, así como a posta en funcionamento das cámaras de videovixilancia, actualmente inactivas.

O Concello de Ribeira comprometeuse a impulsar unha reunión entre os diferentes corpos e forzas de seguridade e o propio sector do mar, co obxectivo de reforzar a coordinación e asegurar que os portos de Ribeira sexan espazos seguros.

Resolucións do Consello Sectorial de Pesca

Como conclusión da reunión, adoptáronse as seguintes resolucións:

1. O Consello Sectorial de Pesca demanda a elaboración dun plan de actuación en materia de mantemento, iluminación, seguridade e dragaxe dos portos, cun orzamento detallado e un calendario concreto para garantir o seu seguimento.

2. Solicítase á Consellaría do Mar a realización dun estudo científico que analice as causas da perda de produtividade das rías galegas, especialmente da ría de Arousa, e propoña solucións eficaces.

3. O Concello de Ribeira promoverá unha xuntanza entre os corpos de seguridade e o sector do mar para mellorar a coordinación e asegurar a protección dos peiraos do municipio.

O Concello reafirma o seu compromiso co sector

Dende o Goberno local, reafírmase o compromiso con este sector que considera “esencial para Ribeira”, traballando man a man co Consello Sectorial de Pesca para “dar resposta ás súas necesidades e garantir un futuro sostible para o noso mar”. O alcalde, Luís Pérez Barral, trasladou aos medios o malestar do sector: “Dá a sensación de que o porto de Ribeira non está sendo prioritario nos investimentos que está facendo a Consellería do Mar no tocante ao mantemento e a seguridade por iso imos pedirlle ese plan de actuación”. Tamén trasladou unha demanda moi solicitada hai tempo como é a dragaxe do porto, “unha cuestión fundamental se queremos que os barcos non toquen no fondo cando hai marea baixa; e por tanto tamén poidan saír a faenar en calquera momento así como atracar cando veñen do mar”. Tamén falou doutra preocupación do sector como é o control de acceso: “Entre a lonxa vella e a nova lonxa que permitan que o sector do mar traballe de maneira digna, con seguridade sabendo que non vai a haber vehículos de tránsito e

persoas que non teñen nada que ver coa actividade do mar”.

Outro punto a destacar é a revitalización do sector do mar: “Os rexistros de venda das propias lonxas marcan descensos históricos nas capturas, por iso é necesario que a Consellería do Mar se implique xunto coas universidades, confrarías e con todas as entidades que traballan no mar para que haxa unha revitalización deste sector” concluíu o rexedor.

O edil de Mar, Fernando Abraldes, apuntou que “hai dous barcos en estado de abandono amarrados no porto dende hai uns anos, é necesario sacalos polo perigo manifesto de que afundan por deterioro, se isto sucedera sería un problema ecolóxico ademais dun custo grande”. Tamén fixo referencia á lonxa vella en canto á demanda para que se poda habilitar para os redeiros e redeiras. En canto aos dragados pediu “que o dragado de Ribeira, Aguiño e Palmeira sexa posíbel botalo preto de Sálvora, pero só os dragados dos portos do municipio, nós non podemos nin queremos ser o epicentro dos dragados de Galicia”, finalizou.

Outros artigos

Venres de transición nas Rías Baixas e Compostela

Ceo presentará nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e nubes de evolución Galicia encara este venres 8, San Caetano, baixo unha atmosfera pouco definida que deixará sentir os seus contrastes máis acusados no eixe que conecta a capital galega coa liña...

+

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.