O Concello de Ribeira inicia a pavimentación da rúa dos Curros en Castiñeiras

26 Marzo 2025

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para pavimentar a rúa dos Curros, na parroquia de Castiñeiras. Este mércores 26 de marzo o rexedor Luís Pérez Barral, xunto co tenente de alcalde, Vicente Mariño desprazáronse á dita rúa para supervisar o comezo das obras de mellora da mesma, que se van estender á rúa Nova e á rúa da Aldea.

Explicaron que estas tres vías son ramais adxacentes da parroquia de Castiñeiras que presentaban un pavimento de aglomerado moi deteriorado, con numerosas fochancas e disgregacións que supoñen un risco para a circulación. Por este motivo vaise proxectar nestes días a pavimentación das vías cunha capa de aglomerado en quente tipo de 6 cm de espesor, co obxecto de mellorar a seguridade viaria na zona e mellorar a accesibilidade.

O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ por un total 89.723,22 euros e adxudicado á empresa Canarga S.L.

Segundo informou o alcalde, o Goberno local está investindo nos últimos meses máis de 460.000 euros na parroquia de Castiñeiras xa que o renovado paseo dos Mosqueiros tivo un investimento de máis de 200.000 euros e ao longo do mes de abril comezarase coa pavimentación e renovación da contorna do litoral do paseo da Ameixida cun investimento de máis de 163.00 euros.

Pérez Barral significou que “todas estas intervencións enmárcanse no compromiso adquirido para mellorar os servizos básicos de tódalas parroquias; auga para consumo doméstico, saneamentos ou pavimentacións, como e o caso que nos ocupa que era unha acción moi demandada por parte da veciñanza de Castiñeiras xa que esta zona levaba máis de 23 anos sen unha nova pavimentación que ao longo de esta semana quedará concluída”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.