O Concello de Rianxo e a AECC activan un Club de Saúde

17 Marzo 2025

O Concello de Rianxo e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizan un Club de Saúde para dar servizo á poboación de todos os núcleos do termo municipal. A iniciativa, dirixida a persoas con cancro, superviventes ou familiares, busca mellorar a súa saúde emocional, física e social ofrecendo ferramentas para fomentar un maior benestar. As actividades previstas levarase a cabo no Centro de Saúde de Rianxo, todos os xoves dende o 3 de abril de 2025 entre as 17:00 as 18:30 horas. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello ou a través do 900 100 036.

Este novo servizo de saúde diríxese como dixemos a “ofrecer un espazo no que persoas enfermas e coidadoras compartan experiencias á marxe de temas que xa tratan cos seus equipos médicos”, poñendo ao seu servizo “un entorno no que socializar, empatizar e compartir experiencias propias con outros veciños e veciñas que están a pasar pola mesma situación”.

Persoas Participantes: o club está dirixido a persoas con cancro, superviventes ou familiares.

Lugar: no Centro de Saúde Rianxo

Datas: todos os xoves dende o 3 de abril de 2025

Horario: de 17:00 a 18:30

As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta.

Información e inscrición:

– Nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Rianxo (estrada de Tanxil, 12 // Telf: 981860061)

– Teléfono: 900 100 036

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.