O Concello de Lousame abre este sábado o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2025-2026

12 Marzo 2025

O Concello de Lousame abre este sábado 15 de marzo o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia, centro para menores de 0 a 3 anos, para o curso 2025-2026. Un prazo que estará aberto ata próximo 15 de abril. As inscricións poden formalizarse a través da Sede Electrónica Municipal.

As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal.

As familias interesadas deberán presentar copias cotexadas do libro de familia e do DNI de ambos proxenitores ou titor/a legal; certificado de convivencia e declaración do Imposto da Renda do último exercicio (ou certificado da Axencia Tributaria no caso de non tela presentado por non estar obrigado).

A maiores, no seu caso poderán presentarse: copia cotexada da última nómina ou recibo de autónomos/as, certificación da situación de desemprego, copias cotexadas do título de familia numerosa, do grado de discapacidade ou de pensións (invalidez, orfandade, estranxeiro…) ou informe dos Servizos Sociais sobre a inclusión da familia en Programas de Intervención Familiar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.