O Arquivo Municipal de Vilagarcía dixitaliza máis de 200 postais da cidade e súbeas ao portal Atopo

17 Marzo 2025

Un xeito de salvagardar a memoria dun pobo son as imaxes, as fotografías, os filmes, as postais… Son as postais as protagonistas desta nova, pois dende o Arquivo Municipal de Vilagarcía veñen de realizar o proceso de dixitalización dunha colección de 234 postais que se atopan no Concello. Trátase dunha viaxe á Vilagarcía da primeira metade do século XX, cando a praza de Galicia era Puerta del Sol ou a rúa Valentín Viqueira era a rúa Comercio. Nesta colección tamén hai algunhas imaxes doutros concellos da contorna, como A Illa de Arousa ou O Grove.

Indo á colección de postais, dicir que está agrupada segundo as temáticas (rúas, igrexas, mercado, praias, Illa de Cortegada…) e conta cunha sinatura e edición moi variada. Así, atopamos nomes de autores coñecidos como: Hauser y Menet, Thomas, e outros de marcado carácter local, como Foto Martínez ou M. Reguera.

As imaxes proceden, na súa maioría, de compras que fixo o Concello ao longo dos anos e outras de doazóns de particulares. A dixitalización destas postais, xunto coa levada a cabo das fotografías que compoñen o fondo do Liceo Casino, enmárcase dentro dun proxecto de difusión e posta en valor do material de carácter audiovisual que alberga o Arquivo Municipal.

Ademais de fotografías de Vilagarcía, tamén hai algunhas de concellos da contorna: a praia de Silgar, en Sanxenxo; a Illa e o Balneario da Toxa, no Grove; o porto pesqueiro da Illa de Arousa ou o Pazo de Fefiñáns, en Cambados.

Con esta aposta pola dixitalización, calquera persoa poderá ver estas imaxes a través do portal Atopo, un catálogo documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra en Internet. Neste sitio web pódense ver por exemplo, as actas do pleno dende 1840, é dicir, dende practicamente a creación dos primeiros concellos constitucionais. Pode seguirse a pista documental dos máis diversos asuntos (edificios, urbanismo…) para logo consultarse fisicamente no Arquivo municipal.

Engadir que a documentación achegada polo concello súmase así á que xa ten a Deputación sobre a cidade, que tamén se pode consultar dende Atopo.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.