En Padrón adíase o Mercado ‘Voces Delas’ para o 29 e 30 de marzo debido ás condicións meteorolóxicas

07 Marzo 2025

O Mercado Voces Delas, previsto inicialmente para os días 9 e 10 de marzo dentro da programación do 8M en Padrón, celebrarase finalmente os días 29 e 30 de marzo. A decisión foi adoptada polo Concello de Padrón ante as previsións meteorolóxicas adversas anunciadas para esta fin de semana.
O evento manterá a súa programación e desenvolverase na nova data co obxectivo de
garantir as mellores condicións para as mulleres emprendedoras que participan e para o
público asistente. O mercado contará con postos de artesanía, gastronomía e música en
directo, mantendo o seu propósito de visibilizar e poñer en valor o talento feminino.
O Concello de Padrón e o CIM Terras de Iria agradecen a colaboración e comprensión de
todas as persoas implicadas e animan á cidadanía a participar nesta iniciativa, que seguirá
poñendo en valor o papel das mulleres na sociedade e na economía local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.