Dodro rende homenaxe ás súas mulleres coa inauguración, este venres, do Paseo das Estrelas

13 Marzo 2025

En Dodro continúan na segunda metade desta semana as actividades locais de celebración do 8M, Día Internacional da Muller. E farano este venres 14 de marzo cunha homenaxe colectiva a 20 mulleres de diferentes núcleos de Dodro coas que o Concello, impulsor da iniciativa, quere crear o chamado “Paseo das Estrelas.” Trátase de María Teresa Batalla Romero, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, HIba Makiyah, muller emigrante de de Dodro, Verónica Calvo Dopazo, muller deportista, María A. Couto Feteira, representante do Centro de Día, Virginia Calvo Cardama, representante da Escola Infantil de Dodro, Milagros González Laceiras, representante do CRA (Colexio Rural Agrupado) de Dodro, Minia Fernández González, representante do colectivo das mulleres maiores de Dodro, Inés Varela Romero, representante de AMIPA – persoas con discapacidade, Carmen tourís Reboiras, representante de Andaina Pro Saúde Mental, Isabel Queiruga Figueiro, muller universitaria e representante da ANPA local, Anaís Iglesias Francisco, poeta e representante do colectivo LGTBI+, Gloria Romero Vidal, muller coidadora de persoas maiores ou dependentes, Tania Casal Calvo, muller emprendedora, Estrella Ponce García, representante do Centro de Saúde, Esther Rodríguez Abuín, muller supervivente, María Yolanda Silva Ares, nai con responsabilidades familiares non compartidas, Soledad Tarrío Pérez, representante das mulleres lonxevas de Dodro que recibirá unha homenaxe póstuma, Ana Fernánez Pérez, representante do CPI, Alicia Pérez Bustelo, representante das mulleres embarazadas e Alma Figuera Souto, representante das mulleres de Dodro que estrean a maioría de idade.

O acto, previsto para as 12.00 horas deste venres, terá formato aberto e participativo (poderá ter parte activa toda a veciñanza do municipio) e celebrarase na praza do Concello de Dodro.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.