Convocadas as probas para obter os certificados de lingua galega Celga nos seus catro niveis

08 Marzo 2025

A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2 3 e 4. Os exames realizaranse en maio de forma presencial e simultaneamente en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid, cidade onde se retoma a súa realización despois de 11 anos.

Tal e como se explica na orde, o prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, comeza este luns día 10 e remata o vindeiro venres 28 de marzo. Estas peticións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderán presentarse de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento. As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade publicarase no Portal da Lingua Galega.

Pola súa parte, os exames, que terán lugar no mes de maio, realizaranse de forma presencial e simultánea en Santiago de Compostela, para os catro niveis, e en Ponferrada e Madrid, para os niveis 2, 3 e 4. As datas concretas, así como as sedes e horarios de realización, publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega. Unha vez realizados os exames, os resultados provisionais publicaranse en dito portal no prazo máximo de dous meses desde a súa realización.

A través desta convocatoria, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén o seu compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas e o seu acercamento a outros territorios, dando así a oportunidade a que cada vez máis persoas poidan obter esta certificación. No marco do impulso do uso do idioma e do proceso iniciado baixo o Pacto pola lingua, a Administración Autonómica tamén está a poñer en marcha outras iniciativas como cursos previos para a preparación dos exames ou materiais didácticos gratuítos dispoñibles para a súa consulta no Portal da Lingua Galega

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Inestabilidade e chuvascos no sábado nas Rías Baixas e en Santiago

O sábado 9, estará marcado pola inestabilidade nas Rías Baixas e en Santiago, baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Portugal. Agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, aínda que irán aparecendo chuvascos co paso das horas. Na zona das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.