Bernardo Valiño presenta no Son un libro que documenta a aventura da Romaría Internacional

26 Marzo 2025

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña, na vila de Porto do Son, vai acoller este sábado 29 de marzo a presentación do libro La permanente aventura en Galicia de la Romería Internacional, de Bernardo Valiño. A cita será ás 20.00 horas e contará coa presenza do autor. La permanente aventura en Galicia de la Romería Internacional, é o título do libro escrito por Bernardo M. Valiño Rodríguez (nado en Sobrado dos Monxes 1939), quen repasa a historia da Romería Internacional. O autor do libro, e director durante vinte anos (1980-2001) deste evento lúdico-festivo, escribe sobre os grandes fitos deste evento que fixo posíbel que pequenos concellos de Galicia puidesen desfrutar de espectáculos como o Teatro Bolshoi ou a Ópera de Pekín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.