As melodías de Mecano chegan a Ribeira o 19 de abril

11 Marzo 2025

Un tributo a Mecano co nome Non Tes Nada Que Perder chegará o vindeiro 19 de abril ao Auditorio Municipal de Ribeira promovido pola Concellería de Cultura xunto coa promotora local A Curotiña.

A venda de entradas comezará o mércores 12 de marzo ás 9:00 h; presencial na OAC e en liña en Ataquilla.com cun prezo de 28,00 euros máis gastos de xestión. Non Tes Nada Que Perder (A homenaxe ao Mecano máis oitenteiro) é un tributo que non só celebra a música de Mecano, senón que tamén explora á profunda conexión emocional que ao banda estableceu cos seus seguidores ao longo dos anos.

A través do seu son innovador, Mecano logrou mesturar influencias do pop, o rock e música electrónica, creando unha proposta única que non só marcou unha época, senón que tamén transcendeu co paso do tempo e, polo tanto, segue vixente.

O tributo preséntase como unha viaxe musical, onde cada tema é interpretado cun respecto profundo pola a esencia das composicións orixinais, pero tamén cunha clara intención de renovalas e darlles unha nova vida sobre o escenario.

Dende os primeiros acordes de Hoy no me puedo levantar, o espectáculo logra captar a enerxía dinámica e vibrante da banda, que nos seus inicios sorprendeu pola súa frescura e capacidade para
conectar cunha audiencia nova, empapada de novos sons.

Neste concerto previsto para o 19 de abril en Ribeira a solista Beatriz Fernández porase na pel de Ana Torroja, Raúl Gamma na de Nacho Cano e Alejandro Ollero na de Jose Maria Cano.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.