A Policía Local de Ribeira identificou dous furtivos en Corrubedo

31 Marzo 2025

Axentes de garda da Policía Local de Ribeira procederon na tarde do pasado mércores 26 de marzo á identificación de dous “furtivos” na parroquia de Corrubedo. A solicitude de colaboración do axente gardapesca e os datos facilitados posibilitaron o comiso por parte dos axentes de 3 quilos de percebes, que lle foron entregados a este vixiante, xunto cos datos identificativos destas persoas para a tramitación das oportunas denuncias.

Dende a Policía Local de Ribeira explicaron nun comunicado que “é importante salientar que a roubacha pode chegar a transcender o ámbito meramente administrativo, xa que dende a modificación do Código Penal operada pola Lei Orgánica 3/2023, as persoas que realicen actividades de marisqueo relevantes sen permiso e sen o debido título habilitante poden ser castigadas con penas de multa de 4 a 8 meses ou de cadea de 6 meses a 2 anos, dependendo da gravidade dos feitos”.

Deste xeito a actividade do marisqueo, xunto coa caza e a pesca, atopa a protección xurídica do artigo 335.2 do Código Penal dentro dos delitos contra a flora e a fauna.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 277,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.