A Deputación da Coruña lanza unha edición do seu concurso de microrrelatos #HoxeEscriboEn para a mocidade

24 Marzo 2025

A Deputación da Coruña, a través das áreas de Turismo e Cultura e en colaboración coa Biblioteca Provincial, puxo en marcha unha edición para a mocidade do seu concurso de microrrelatos #HoxeEscriboEn. A iniciativa pretende fomentar o talento creativo, a animación é escritura e á lectura, o impulso do idioma e a difusión do patrimonio dos concellos da provincia entre os mozos e mozas.

Destinatarios

A Deputación explica que o concurso xorde do seu homónimo destinado para todas as idades, que xa acumula varias edicións. O formato para a mocidade vai dirixido de xeito específico ao alumnado matriculado no curso 2024–2025 na ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Grao Superior, pertencente ao Sistema Educativo Galego e situados na provincia da Coruña. A participación será individual e cada persoa poderá presentar un único microrrelato, que deberá estar escrito en galego, ser inédito, non posuír ningún premio noutro concurso e estar desenvolvido en, como máximo, 500 palabras.

Os microrrelatos presentados poderán estar ambientados ou referirse a un concello da provincia da Coruña a través dun vínculo coa historia local, lendas, tradicións, persoeiros, valores positivos do concello, riqueza natural, cultural ou medioambiental, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do municipio en cuestión. Ademais, non é preciso que o autor ou autora teña vencello coa localidade protagonista.

Categorías

Para favorecer a participación e unha xusta valoración dos microrrelatos procedentes de diferentes idades ou distintos graos de madurez, establecéronse catro categorías: Alumnado de Primeiro e Segundo da ESO, alumnado de Terceiro e Cuarto da ESO, Alumnado de Bacharelato e Alumnado de Ciclos Formativos.

Premios

Outorgaranse dous premios por categoría e un premio final, que consistirá na adaptación do relato para a realización dunha curtametraxe na que poderá participar o conxunto do alumnado do centro, cun especial papel para a persoa autora do relato. Os premios por categoría consistirán en catro bonos culturais de 100 euros, un por cada persoa gañadora en cada unha das categorías, e catro saídas culturais, dirixidas ao conxunto da aula de cada unha das persoas gañadoras. Ditas saídas consistirán nunha xornada con comida e transporte polo patrimonio da Deputación da Coruña a determinar co centro educativo.

Os microrrelatos serán valorados por un xurado especializado, e a valoración basearase en criterios de orixinalidade, calidade da redacción, calidade lingüística e aproximación á temática proposta.

O prazo de presentación arrincou o pasado xoves 20 de marzo, un día despois da publicación das bases no BOP (PDF) e estará aberto ata o 20 de abril.

A presentación dos relatos farase a través dun formulario web que se encontrará dispoñíbel na web da Deputación.

Cada participante debe enviar, xunto ao microrrelato, o seu nome e apelidos, curso e nome do centro educativo desde o que participa, concello da provincia no que se ambienta o relato, teléfono de contacto e enderezo postal. As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.