A alcaldesa de Muros reitera a súa disposición ao diálogo coa Asociación Esteirana de Carrilanas

22 Marzo 2025

O Concello de Muros quere aclarar a súa posición respecto ás recentes convocatorias e comunicados emitidos pola Asociación Esteirana de Carrilanas.

A alcaldesa de Muros, María Lago, asistiu o pasado 15 de febreiro a unha asemblea convocada pola Asociación Esteirana de Carrilanas. Esta asistencia respondeía a unha petición aprobada por unanimidade na anterior asemblea de decembro de 2024, da que a alcaldesa foi informada tanto por vía privada como a través do rexistro municipal.

Coñecida a orde do día e a unanimidade da solicitude, a rexedora tomou a decisión de participar nesta reunión, nun exercicio de transparencia e diálogo institucional. Ademais, co obxectivo de avanzar na organización da festa e tramitar a documentación e permisos necesarios, o Concello de Muros convocou recentemente unha reunión coa directiva da asociación. Con todo, a directiva rexeitou asistir, aínda que a convocatoria municipal segue en vixencia e as portas do Concello permanecen abertas para retomar o diálogo.

Este venres, 21 de marzo, o Concello tivo coñecemento polas redes sociais da Asociación Esteirana de Carrilanas da convocatoria dunha nova asemblea, na que se solicitaba a presenza da alcaldesa. A diferenza das convocatorias anteriores, esta reunión non incluía orde do día definida e estaba aberta aos medios de comunicación e á veciñanza. Posteriormente, a convocatoria foi remitida ao rexistro municipal e enviada por mensaxe privada á alcaldesa, sen unha solicitude formal da súa asistencia nin concreción da temática a tratar.

Neste contexto, a alcaldesa de Muros considera que o formato proposto non é o adecuado para un diálogo construtivo, polo que decidiu non asistir á asemblea. Con todo, reitera a súa disposición a manter unha reunión coas persoas responsables da Asociación Esteirana de Carrilanas nun marco axeitado para o entendemento mutuo.

Por outra banda, o Concello descoñece os motivos reais polos que a Asociación anunciou esta semana a cancelación da edición 2025 das Carrilanas de Esteiro. O goberno local quere deixar clara a súa vontade de seguir apoiando esta tradicional festa e confía en que se poida celebrar no verán de 2025, reafirmando a súa vontade de diálogo e colaboración para atopar unha solución satisfactoria para todas as partes implicadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.