A ABE pecha con éxito a Campaña do Día do Pai cun destacado incremento de vendas nos negocios asociados

19 Marzo 2025

A patronal boirense (ABE) conclúe a nova edición (2025) da campaña local polo Día de Pai, unha iniciativa que busca premiar a fidelidade da veciñanza co comercio de proximidade ao tempo que se daba un novo impulso aos establecementos locais nesta recta final do inverno. Segundo informou a asociación de empresas, a campaña foi “un notábel éxito de vendas”. Así, durante o período no que se desenvolveu a iniciativa (entre o 6 e o 18 de marzo), rexistráronse 1.262 tíckets de compra, unha cifra que representa un aumento do 23% en comparación cos 13 días anteriores á campaña ( 964 compras) e que pon de manifesto a efectividade da campaña.

O sorteo celebrouse o 18 de marzo ás 12:00 horas, e os cinco afortunados gañadores foron:

Mari Piñeiro Saavedra, por unha compra en Tremenda Moda.

Juana María Romero Nieto, por unha compara en Labralia.

Fátima Barca Pico, por unha consumición na Cervexería Botavara.

Saichi Muñiz, por unha compra en Taxi 5 Boiro.

María Boo, por unha compra en Deportes Brincos.

Cada un deles recibiu unha caixa gourmet exclusiva, composta por un set de corte de queixo, un queixo galego e unha botella de viño (produtos da praza de abastos de Boiro).

Os premios están dispoñíbeis para a súa recollida este mércores 19 de marzo, Día do Pai, para que as persoas agraciadas poidan desfrutalos “nesta data sinalada”, explicaron fontes da ABE, que valoraron “moi positivamente a resposta da clientela e dos establecementos participantes” e engadiron que “o destacado incremento nas compras rexistradas demostra que este tipo de campañas contribúen de maneira efectiva á dinamización do comercio local, fortalecendo a súa competitividade fronte a outras opcións de consumo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.