Rois celebra a Rosalía con concertos, un posadoiro na Biblioteca, sorteos e Caldo de Gloria nos locais hostaleiros

17 Febreiro 2025

O Concello de Rois prepárase para celebrar o Día de Rosalía “cunha programación diversa” que combina gastronomía, música e literatura para renderlle homenaxe á gran poeta galega, segundo informou a Área de Cultura municipal, engadindo que o Caldo de Gloria, inspirado no poema Miña casiña, meu lar, será unha vez máis o protagonista desta celebración, acompañado por actividades culturais ao longo do mes de febreiro.

O domingo 23 de febreiro, os establecementos hostaleiros do municipio ofrecerán unha tapa de caldo de gloria a todas as persoas que se acheguen a degustalo, levando tamén un orixinal pousavasos en homenaxe á autora. Un total de 11 locais participan nesta iniciativa: Mesón A Casiña, Café-bar A Lúa, Taberna Angueira, Hotel Camiño do Mar, Taberna Casa Benjamín, Casa rural Fogar do Selmo, Café-bar Malecón, Bar Muelle, Bar O Pemento, Club de golf Val de Rois e Taberna Venezuela.

Casa Benjamín. Un grupo de madrileños tomando cocido e Caldo de Gloria

A música terá un papel fundamental nesta conmemoración, cunha serie de concertos organizados no Auditorio municipal. O venres 21 e o sábado 22 de febreiro, a Escola Municipal de Música de Rois ofrecerá dous concertos de solistas, mentres que o domingo 23 será Xoán Curiel quen presente o seu espectáculo Treides comigo!, no que tamén participará alumnado da ESMU.

Ademais, dende o 21 de febreiro e ata final de mes, a Biblioteca Municipal de Rois contará cun espazo dedicado a Rosalía, onde as persoas visitantes poderán descubrir novas adquisicións literarias sobre a escritora e facerse unha foto no posadoiro especial preparado para a ocasión.

Un ano máis, o Concello anima a toda a cidadanía a compartir contidos relacionados con Rosalía nas redes sociais entre o 21 e o 28 de febreiro, utilizando os cancelos #RoisconRosalía e #DíadeRosalía. Entre todas as persoas participantes sortearanse dous lotes de libros sobre a autora, un en Facebook e outro en Instagram.

Como parte da homenaxe, o Concello distribuirá 2.025 manteis e 1.000 pousavasos conmemorativos nos centros educativos CPI Os Dices, CPPI O Pumar e A Galiña Azul, así como na Asociación Amipa e no Centro de día de Urdilde.

A concelleira Victoria Quiroga lendo “o herbario” da escritora no Recuncho Rosaliano habilitado no Multiúsos

Ademais, Rois tamén se suma ao VII Festival Rosalía Sen pombas nin flores, impulsado pola Deputación da Coruña, cuxa programación pode consultarse na web provincial.

O Concello de Rois convida a toda a veciñanza a participar nestas actividades para celebrar a Rosalía en comunidade e “manter vivo o seu legado”. Esta programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural, así como da Casa de Rosalía, da que o Concello é mecenas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.