Ribeira presenta o programa cultural “Marzo á Escena”, co teatro afeccionado como protagonista

27 Febreiro 2025

A Concellería de Cultura de Ribeira que dirixe Antía Alberte presentou o seu programa cultural para as vindeiras semanas, moi focalizado no teatro e con centro de operacións no novo Auditorio Municipal. Trátase do programa Marzo á Escena, que coincidirá no seu desenvolvemento co Día Mundial do Teatro (o 27 de marzo). A axenda combinará sesións de teatro afeccionado, que serán os sábados ás oito, con actuacións profesionais con feitura de monólogos, previstos para os venres ás nove e cuarto. Esta programación está dirixida a público adulto e será de carácter gratuíto con entrada ata completar a capacidade do recinto.

A primeira das representacións será o sábado 8 de marzo, a cargo da Agrupación Teatral Mariñán coa obra Croquetas. Este é un espectáculo que chega a Ribeira grazas á colaboración da Deputación da Coruña e que vai estar xirando neste mes por varias localidades da provincia para celebrar o día do teatro.

Ao seguinte sábado, día 15 de marzo, chegará a Ribeira o Grupo de
Teatro Airiños de Rianxo coa obra As vellas non deben de namorarse,
unha adaptación do texto de Castelao realizada directora do grupo
Amantia Coello.

O sábado 22 de marzo, a compañía Noite Bohemia, representará a súa
versión da comedia de enredo de Lope de Vega, El perro del hortelano.

E pechará as actuacións das compañías afeccionadas a comedia Asuntos Escuros da Asociación Club de Maiores de Boqueixón, o sábado 29 de marzo.

Respecto dos venres, tal e como se avanzou, ofreceranse dous monólogos profesionais. O primeiro será o venres 14 de marzo, a cargo da artista Bea Campos coa súa obra Marcho que teño que marchar, unha divertida sesión de contos e tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdades de xénero. É un cesto trenzado con historias protagonizados por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosas.

O venres 28 de marzo achegarase Show de Isi, no que o recoñecido humorista galego fará rir a todo o público asistente coas súas historias do cotiá.

“Presentamos unha programación completa, diversa, variada e que combina compañías afeccionadas con sesións de artistas profesionais
para festexar así tamén o mes do teatro”, explicaron na presentación os responsábeis de Cultura no Concello, engadindo que os monólogos serán os venres ás nove e cuarto e o teatro afeccionado será os sábados ás oito, no novo Auditorio unicipal, con entrada gratuíta por orde de chegada ata completar capacidade. A apertura de portas será media hora antes de cada función.

Sábado 8 de marzo, Croquetas, da Agrupación teatral Mariñán 20:00 h

Venres 14 de marzo, Marcho que teño que marchar de Bea Campos 21:15 h

Sábado 15 de marzo, As vellas non deben de namorarse do grupo de teatro Airiños de Rianxo. 20:00h

Sábado 22 de marzo, El perro del hortelano da compañía Noite Bohemia. 20:00 h

Venres 28 de marzo, O Show de Isi, 21:15 h

Sábado 29 de marzo, Asuntos Escuros, da Asoc. Club de Maiores de Boqueixón. 20:00h

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...