O PSOE de Outes anuncia a súa decisión de saír do Goberno local

04 Febreiro 2025

O PSdeG-PSOE de Outes emitiu este 4 de febreiro un comunicado no que anuncia a súa decisión de saír do Goberno municipal, que pasará a ser un goberno en minoría conformado por CxO e BNG. Respecto das explicacións pola súa marcha do tripartito, explican que “logo da reflexión levada a cabo na organización e de consensualo a nivel local tomei a decisión de abandonar o executivo”, sinala o voceiro socialista en Outes, Tono Caamaño, engadindo que “isto sucede porque despois dun ano e medio de goberno non vimos nin grandes cambios nin pequenos con respecto o goberno anterior”.

Caamaño afirma que “nesta lexislatura seguíronsecometendo os erros do anterior goberno, sen preocuparse o suficiente polo día a día das veciñas e veciños de Outes”. Engaden que “pensamos que dende dentro teríamos máis forza para levar a cabo as nosas propostas, pero non foi posíbel. Levamos 5 anos esperando por un espello, un ano esperando por dous farois e un ano dende que presentamos a ordenanza da tala da madeira, e seguimos agardando”, enumera, criticando ademais que neste momento “non hai nin un alcalde que atenda os veciños como fai falta, xa que como é sabido, agora ten dedicación na Universidade”.

“Os socialistas non podemos continuar dando o noso apoio a un barco que vai a deriva, sen capitán nin contramestre, e vai directo ó acantilado por moito que se lle dea gas á sala de máquinas”, apuntou.

“A partir deste momento volvemos a oposición, onde polo menos poderemos expresarnos sen medo e sen coaccións e defender de verdade as necesidades dos veciños e veciñas, que foron quen nos puxo aquí”, concluíu Caamaño.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.