O pleno de Noia reproba ao alcalde Santiago Freire pola xestión da crise da auga

28 Febreiro 2025

O Concello de Noia aprobou no pleno ordinario de febreiro unha moción de reprobación contra o alcalde, Santiago Freire, debido á falta de información clara e oportuna sobre a calidade da auga potable para o consumo humano. A proposta, presentada polo Grupo Municipal do PSdeG, foi apoiada polos grupos municipais de PSdeG, Marea Ciudadá, BNG e o edil non adscrito.

A crise estalou despois de que varios informes alertasen sobre posibles problemas de contaminación na rede de subministración de auga, xerando unha grande preocupación entre a cidadanía. Veciños da vila solicitaron analíticas independentes que confirmaron que a auga non era apta para o consumo, poñendo en evidencia unha situación recorrente na localidade.

Durante a sesión plenaria, subliñouse que este problema xa se producira con anterioridade e que a resposta municipal foi insuficiente. A oposición criticou que, malia a gravidade da situación, o alcalde optase por transmitir unha mensaxe de normalidade nos medios de comunicación, afirmando que as analíticas oficiais indicaban niveis dentro da normativa. Con todo, os resultados independentes demostraban o contrario.

O subministramento de auga potable é unha competencia municipal e debe cumprir os requisitos sanitarios estipulados pola lexislación vixente. Noutras localidades con problemáticas similares, Augas de Galicia chegou a decretar o peche da subministración.

A reprobación, malia non ter consecuencias directas sobre o cargo do rexedor, representa unha forte mensaxe política sobre a súa capacidade de xestión ante situacións críticas. Ademais, na mesma moción aprobouse instar ao alcalde a adoptar medidas urxentes de control e información para evitar novas situacións que poidan poñer en risco a saúde pública da veciñanza.

A oposición lembroulle a Freire que accedeu á alcaldía no ano 2016 comprometéndose a solucionar os problemas da auga en menos dun ano. Con todo, nove anos despois, as obras aínda continúan sen unha solución definitiva.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.