O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organizou unha nova xornada ambiental cos escolares de Rianxo e coordinada por Montescola

27 Febreiro 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza celebrou a cuarta xornada educativa deste mes de febreiro, desta vez no monte de Isorna, coa participación do alumnado de sexto de primaria do CEIP ADR Castelao de Rianxo. A actividade foi coordinada por Fundación Montescola, en colaboración coa Comunidade de Monte Veciñal en Man Común (CMVMC) de Isorna e a Plataforma pola Defensa do Monte, contando tamén co apoio do Distrito Forestal do Barbanza.

A xornada estivo repleta de actividades didácticas destinadas a fomentar a conciencia ambiental e o coñecemento sobre a xestión forestal sostíbel. Un dos momentos máis destacados foi a plantación de frondosas autóctonas, na que o alumnado participou activamente, contribuíndo así á recuperación ecolóxica do monte.

Para facilitar esta tarefa, unha cuadrilla especializada do Distrito Forestal acompañou ao grupo, proporcionando axuda na plantación e organizando unha ilustrativa demostración do funcionamento dunha motobomba. As nenas e nenos tiveron incluso a oportunidade de experimentar de primeira man o uso dunha mangueira, o que lles permitiu entender mellor o importante labor de prevención e extinción de incendios.

Este tipo de iniciativas permiten aos centros educativos incorporar accións no monte aos seus programas, achegando ás novas xeracións á realidade da xestión forestal sostíbel e sensibilizándoas sobre a importancia da protección dos nosos ecosistemas locais.

Lucía R. Cao, representante da Fundación Montescola, destacou a relevancia destas actividades: “É fundamental transmitir ás crianzas a importancia de traballar no monte, xa que son o futuro das comunidades”. Esta entidade, socia do proxecto do Laboratorio, leva anos promovendo o coñecemento e o coidado da natureza, así como o valor do traballo comunitario no monte. Estas accións divulgativas fomentan o respecto polo medio ambiente e fortalecen o sentimento de pertenza ao territorio.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.