O Concello de Padrón convoca a XXXV edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa

19 Febreiro 2025

O Concello de Padrón convoca a XXXV edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, prestixioso panorama literario nacional que se celebra de xeito ininterrompido desde 1989 en homenaxe permanente ao escritor padronés, Premio Nobel de Literatura.

O concurso está dotado cun premio de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa para a obra gañadora. Os relatos deberán ser orixinais, inéditos e escritos en galego ou castelán, cunha extensión de 12 a 25 folios, mecanografados ou escritos en formato word a dobre espazo e con tipo de letra Arial, tamaño 12.

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 15 de xullo de 2025. As obras deberán entregarse por quintuplicado, sen sinatura e cun lema identificativo, no Rexistro Xeral do Concello de Padrón ou por correo postal. Xunto cos relatos, será necesario achegar un sobre pechado coa información persoal da persoa autora.

Un xurado designado polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, será o encargado de valorar as obras baixo os principios de publicidade, transparencia, igualdade e obxectividade. O seu fallo darase a coñecer antes do 31 de decembro de 2025 e farase público no taboleiro de anuncios municipal.

O relato premiado pasará a ser propiedade do Concello de Padrón, que se reserva o dereito de publicación. Os traballos non premiados serán destruídos unha vez remate o proceso de selección.

Como antesala desta nova edición, o venres 21 de febreiro, ás 19:00 horas, celebrarase no Paraninfo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela a entrega do XXXIV Premio Literario Camilo José Cela, que nesta ocasión distingue á escritora Amalia Blanco Pose pola súa obra No neghro da ialma.

Con máis de tres décadas de historia, o Premio Literario Camilo José Cela reafírmase como un referente na promoción da narrativa en galego e castelán, mantendo vivo o legado do escritor padronés.

As persoas interesadas poden consultar as bases na páxina web do Concello de Padrón.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.