O Concello de Muros celebra o mes de Rosalía cunha axenda especial de actividades

09 Febreiro 2025

O Concello de Muros, a través do seu departamento de Cultura, organiza o programa O Mes de Rosalía, unha axenda que inclúe unha manchea de actividades para conmemorar en febreiro a figura e legado de Rosalía de Castro. Con música, contos e narración oral, esta programación está dirixida ao público infantil e familiar, co obxectivo de achegar a obra da escritora dunha maneira dinámica e participativa.

Programa de actividades

Venres 14 de febreiro | 18:00 h. Na Biblioteca Municipal de Muros. Cantamos con Rosalía con Luís Vallecillo.

Venres 21 de febreiro | 18:00 h. Biblioteca Municipal de Muros. Os contos da leiteir” con OQO Editora

Mércores 26 de febreiro | 17:30 h. Axencia de Lectura de Esteiro. Buscando a Rosalía con Raquel Queizas

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou a importancia desta iniciativa e animou a todas as familias a participar: “Queremos que a figura de Rosalía estea viva en Muros e que a súa obra siga emocionando e inspirando. Esta programación busca achegar a súa literatura desde distintos formatos, facendo que a súa voz resoe con forza tamén entre as novas xeracións. Convidamos ás familias e á cativada a vir e gozar destas actividades”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...