O Concello de Boiro reparte 4.600 euros en premios no seu Concurso de Disfraces e Carrozas do Entroido

13 Febreiro 2025

O Concello de Boiro celebrará o vindeiro martes día 4 de marzo o tradicional Concurso de Disfraces e Carrozas do Entroido, no que se van repartir 4.600 euros en premios, cuxas bases de participación (e toda a información que se poida precisar) están dispoñíbeis xa na web municipal.

Convócanse tres modalidades individual/parella, para maiores de 13 anos; grupos, formados por tres ou máis participantes maiores de 13 anos unha temática común; e carrozas, aparello móbil conformado por unha plataforma ou varias debidamente adobiadas acorde á temática do grupo e formada por un mínimo de catro persoas.

Poderán participar neste concurso tanto persoas físicas como xurídicas, que deberán formalizar a súa inscrición mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, de forma presencial no Centro Social de Escarabote, no teléfono 81 84 99 50 ou no enderezo electrónico leopoldo.portela@boiro.gal ata o xoves 27 de febreiro ás 13.00 horas.

O xurado valorará a estética, orixinalidade e creatividade dos disfraces; a posta en escena durante o desfile; as detalles da maquillaxe, vestiario, máscaras e demais complementos propios do Entroido; a elaboración propia; e o humor.

O desfile comezará o martes 4 de marzo ás 18.00 horas con saída da praza de Galicia, percorrerá a rúa peonil, Salvador Allende, rúa Principal e regreso á praza de Galicia onde haberá animación musical con DJ Matrek para a deliberación do xurado e dar a coñecer aos premiados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.