Boiro será a primeira parada da xira “Meu Ceu” de Eris MacKenzie

14 Febreiro 2025

Chega unha etapa para Eris MacKenzie. O artista natural da Coruña levará a súa terra natal o primeiro dos seus concertos da xira Meu Ceu. A proposta que fusiona a música electrónica, os sons tradicionais galegos e certos matices da música comercial, chegará este venres 14 de febreiro á Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro (A Coruña).

Despois do seu éxito da súa presentación do seu primeiro traballo na Sala Mardi Gras da cidade da Coruña, onde conseguiu esgotar as entradas, Eris MacKenzie quere cumprir os seus obxectivos de “facer desfrutar aos seus fans”, avanza o propio artista coruñés.

Ademais do concerto na Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro, xa hai máis datas confirmadas que conformarán a xira:

• 14/02/2025 – Boiro (A Coruña), sala A Pousada da Galiza Imaxinaria ás 21:30 horas. As entradas xa están á venta en Wegow.

• 26/02/2025 – Santiago de Compostela (A Coruña), na Igrexa da Universidade ás 21:00 horas. A entrada é gratuíta.

• 13/03/2025 – Lugo, na Casa do Saber do Campus de Lugo ás 20:15 horas. A entrada será gratuíta ata completar o aforo.

• 15/03/2025 – Mos (Pontevedra), na Sala Rebullón ás 21:30 horas. As entradas poderán mercarse a través de Wegow.

A xira Eudaimonia, unha experiencia ultrasensorial

Eris MacKenzie marcouse o obxectivo nesta nova andaina da súa carreira artística de “ir más alá do concepto tradicional dun concerto”, logrando que o público experimente unha plena inmersión nas letras e nos sons.

Acompañado de dous grandes músicos e amigos, como son Paula Espada, Serxio Castro, David e Mare crearán unha atmosfera envolvente que combina son, imaxe e sensacións, para converter o seu espectáculo “nunha viaxe introspectiva e emocional”.

Eris conta con canles de seu en Spotify e en Youtube.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.