AGADEA e a Secretaría da Lingua presentan a 4ª edición do certame de literatura infantil “Simbad para o Recordo e o Alzhéimer”

06 Febreiro 2025

Este xoves 6 de febreiro celebrouse en Santiago a presentación da cuarta convocatoria do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer, iniciativa creativa e solidaria impulsada pola Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) que conta co apoio da Secretaría Xeral de Lingua, co obxectivo de “sensibilizar sobre esta doenza entre a cativada e establecer vínculos a través da literatura entre as distintas xeracións”. O secretario xeral Valentín García salientou “a consolidación deste certame” e animou a todos os creadores e creadoras a “participar neste proxecto que, a través destas obras, busca conectar ás xeracións máis maiores, que son as que sofren dunha maneira máis acusada estas doenzas, coa rapazada, a quen se dirixen os traballos presentados”.

Lembrou que este tipo de iniciativas, “pretenden potenciar a transmisión interxeracional da lingua e a interacción entre as xeracións de maiores e os máis novos”. 

Na rolda de prensa, que tivo lugar no pazo de San Roque (sede da Secretaría Xeral da Lingua), tamén participaron a presidenta de AGADEA, Isabel Gey, e os escritores Francisco Castro e Ánxela Gracián, padriño e secretaria do Premio, respectivamente.

O Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer parte da inspiración dunha obra pioneira neste eido en Galicia, Chamádeme Simbad (2009), de Francisco Castro, e busca sensibilizar sobre as devanditas enfermidades, así como promover a literatura infantil e xuvenil en galego.

As persoas interesadas en participar deben ser maiores de 18 anos e poderán enviar os seus textos inéditos dende este 6 de febreiro até o 1 de xullo. A temática das obras, que poderán ser novela, poesía, álbum ilustrado ou novela gráfica, terá que estar relacionada co alzhéimer, a memoria e os recordos, a sensibilización das demencias, as persoas anciás, as actividades interxeracionais, as persoas coidadoras ou demais temáticas arredor destas doenzas.

O galardoado, que recibirá 3.000 euros e terá a posibilidade de ver publicada a súa obra, será anunciado en setembro co gallo do Día Mundial do Alzhéimer e unirase a Raquel Castro, Ignacio Vidal, Irene Alonso e Ángela María Curro, galardoados nas tres primeiras edicións deste premio. As bases completas da convocatoria e o proceso de participación poderán consultarse no Portal da Lingua Galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.