A Pobra celebra o Día de Rosalía con diversas actividades que poñen o foco na xente nova

19 Febreiro 2025

A Pobra do Caramiñal vai conmemorar o Día de Rosalía de Castro (este domingo 23 de febreiro) con diversas actividades destinadas especialmente á xente nova. A concelleira de cultura Patricia Lojo indicou que “ seguimos traballando en poñer en valor a unha poeta clave para a lingua galega de aí a que durante toda a semana haxa diversas actividades arredor de Rosalía”. A técnica de cultura Fina Sanisidro foi a encargada de explicar as diversas actividades.

Do 18 ao 28 de febreiro celebrarase o concurso das Sete Rosalías, unha actividade para os nenos e as nenas, que deberán atopar nas máis dunha trintena de establecementos comercias da Pobra do Caramiñal as “sete Rosalías diferenciadas”. A dinámica será a habitual: deberanse buscar as siluetas co rostro da poeta expostas nos escaparates dunha trintena de establecementos colaboradores no período comprendido entre o 18 e o 28 de febreiro. Poden participar todos aqueles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que conten cun dos impresos repartidos nos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra.

O venres día 21 será o día de homenaxe, xa que coincide coa última xornada lectiva antes do propio Día de Rosalía de Castro e polo tanto permite a participación dos centros educativos, claves segundo a concelleira Patricia Lojo “para a promoción da lingua galega e a posta en valor da escritoras galegas”.

Ás 11:45 hrs actuará o grupo de música tradicional Trécola e a continuación
será a quenda para unha performance participativa a cargo dos Quinquilláns que leva como título Que pasa arredor de min? Nesta actividade, o músico Luís “O Caruncho” e o público recibirán con alegría a Rosalía de Castro e o seu editor, Freire, que veñen saber que quedou da súa obra en defensa da liberdade e da igualdade. Se chove a actividade de Os Quinquilláns, trasladase ao Teatro Elma, onde tamén cantaran poemas de Rosalía o alumnado do Colexio Pilar Maestú Sierra e do Salustiano Rey Eiras.

Ás 13.00 horas realizarase a tradicional ofrenda cívica na praza que leva o nome da escritora, coa lectura dun manifesto e o repartimento do Caldo de Gloria entre as persoas asistentes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...