A música na rúa marcará o inicio do Entroido na Pobra

28 Febreiro 2025

O Entroido da Pobra achega este ano unha axenda ateigada de propostas que promete superar as anteriores edicións, segundo fixeron saber os días pasados a edil de Cultura, Patricia Lojo, e a técnica de Cultura Fita Sanisidro.

A axenda comezará cunha gran festa de entroido o sábado 1 de marzo. A Charanga Os Encerellados dará a saída das celebracións cunha ruada ás 12.00 horas, ao que se sumará ás 19.00 horas a animación de Barafunda: Festa Tribal, que servirá como antesala da festa de disfraces que arrancará ás 22.00 horas con música a cargo da Discomóbil Chocolate.

O domingo 2 de marzo será a quenda dos máis cativos, que poderán desfrutar a partir das 17.00 h na praza Alcalde Segundo Durán dunha festa ateigada de sorpresas, e que contará cun Concurso Infantil de Disfraces e cun espectáculo de animación a cargo de Animar-T.

O martes, día 4, chegará o prato forte co imprescindíbel certame de carrozas e disfraces que arrancará ás 17.30 horas dende a Covecha, e que este ano conta cunha bolsa de premios maior que en edicións pasadas. ​

A proposta deste ano péchana o Enterro do Felipiño o sábado 8 ás 19.00 horas, organizado pola veciñanza da Parroquia do Xobre, e o Domingo de Piñata a cargo da veciñanza da Crocha, que dará comezo ás 18.00 horas.

Toda a programación témola dispoñíbel en apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.