A banda de Boiro Agoraphobia volve con “Eyes Never Lie”

13 Febreiro 2025

Volve a banda boirense de indie-rock Agoraphobia, formada por Susana Saavedra (voz e percusión), Sabela Sampedro (guitarra), Paula Rego (batería) e Lucía Fernández (baixo). Sen ir máis lonxe xoves 13 de febreiro lanzaron no Youtube o tema adianto do seu novo traballo discográfico que verá a luz nos vindeiros meses: Eyes Never Lie (Ollos nunca menten). Trátase, en palabras das mozas integrantes da banda, “dun regreso rotundo que reivindica os tempos necesarios para crear con profundidade”.

Este novo proxecto, chamado a ser un punto de inflexión na súa carreira, conta novamente coa produción de Iago Lorenzo a quen se suma Iván Blanco.

Eyes Never Lie, cualificado xa como “un sopro de enerxía pura, cunha melodía que atrapa desde o primeiro segundo e unha letra cargada de reflexión”, explora “a batalla interna entre protexer o que conseguimos sendo fieis a nós mesmos e a vertixe de confiar outra vez en alguén máis”, indican dende a banda, engadindo que o seu obxectivo foi “levarnos a ese momento en que as dúbidas e os sentimentos chocan, creando unha atmosfera cargada de emoción e vulnerabilidade”.

Eyes Never Lie preséntase ademais cun videoclip que confronta a dualidade á realidade, onde o onírico gana a batalla ao terreal. A peza está dirixida por Xaime Miranda; foi rodada na Sala Malatesta, templo da escena independente de Santiago de Compostela.

Director – Xaime Miranda

DOP – Arián Quinteiro

Ayudante de cámara – Anxo Señoráns

Eléctricos – Alex Koch, Lucas Leira

Produción – Diego Roco

Vestiario – Sofía Seijas

MUAH – Iria de Parras

Edición – Xaime Miranda, Antón Miranda

A banda

Agoraphobia, referentes do indie-rock galego, creouse en Boiro en 2006, no Instituto de Secundaria. En 2014 editaron o seu primeiro EP, Dirty Little Things, gravado nos estudos madrileños Global Music Studio con Carlos Sainz como produtor, logo de gañar o Vodafoneyu Music Talent. En 2015 publicaron o EP Ready to Play, gravado no estudio Nekra da Coruña. En 2017 gañaron o Premio Martín Codax da Música na categoría de mellor banda de rock, grazas en boa medida ao seu traballo daquel ano, Incoming Noise, ao que seguiría dous anos despois outro traballo de notábel éxito de público e crítica: Unaligned. Todos os seus traballos foron publicados polo selo Dotbeat!.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...