Sábado 4, xornada de transición con refachos á espera dunha nova fronte

03 Xaneiro 2025

Galicia permanece baixo a influencia de baixas presións con ventos intensos do sur

meteogalicia

Galicia continúa hoxe baixo a influencia das baixas presións, nunha situación intermedia entre dúas frontes que trae consigo ventos intensos do sur. Esta situación meteorolóxica está a provocar un contraste nas condicións atmosféricas dentro da Comunidade.

Os ceos amosaranse máis cubertos no sur e no oeste galego, con posibilidade de orballos no litoral oeste. Pola contra, no norte e no leste prevese unha maior presenza de claros, cunha atmosfera máis despexada.

En canto ás temperaturas, non se agardan cambios significativos, aínda que nalgúns puntos poderían rexistrarse lixeiros ascensos.

A intensidade dos ventos será outro factor a destacar, con refachos que superarán os 80 km/h no terzo norte, a franxa atlántica e nas zonas altas do interior da Comunidade. A alerta polos ventos intensos mantense activa, recomendándose precaución nas áreas máis afectadas.

O domingo 5, vespera de Reis teremos unha primeira metade do día con chuvias xeneralizadas, persistentes e de intensidader forte, que darán paso a unha tarde de chuvascos na que as precipitacións seguirán a producirse de xeito intermitente, aínda que por momentos con intensidade moderada. As temperaturas non terán cambios significativos. Refachos superiores aos 80 km/h e preto dos 100 km/h entre Rías Baixas e Costa da Morte.

meteogalicia

O noso mar sábado 5: Vento do sur, forza 5 a 6 á mañá, 6 a 7 á tarde e 6 a 8 á noite. Forte marusía á mañá e media vaga á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...