Porto do Son comeza o ano estreando as novas sedes do Club de Xubilados e do Club Náutico

09 Xaneiro 2025

O Concello de Porto do Son comeza o ano con grandes proxectos, algúns deles xa rematados e listos para dar servizo á cidadanía. Entre estes últimos atópanse os novos edificios do Club de Xubilados e máis do Club Náutico. Os inmóbeis, situados na dársena portuaria da fachada marítima, serán inaugurados este venres 10 de xaneiro ás 18.00 cun acto institucional no que participarán José Luis Oujo, alcalde do Son; Manuela Santiago Pouso, presidenta do Club de Xubilados; María José Maroñas Sóñora, teniente de alcalde; Magdalena Pérez Millares, concelleira de Persoal; Juan José Calo Miranda, concelleiro de Medio Ambiente; Carlos Lorenzo Blanco, concelleiro de Deportes e Xuventude e Alicia Martínez Maneiro, concelleira de Cultura.

As sedes do Club de Xubilados e do Club Náutico foron construídas ao abeiro do proxecto de remodelación integral da fachada marítima da vila, que obrigou a derrubar a nave que ocupaban na antiga lonxa sonense e que contemplou en orixe a habilitación dun espazo axeitado e acorde coa renovación estética da contorna, que é o espazo que agora e inaugura. Dispón de máis de medio milleiro de metros cadrados e trátase dun andar baixo con dous bloques e con accesos independentes, cada un deles de 300 metros cadrados aproximadamente.

Outros artigos

A Volta de Gloria preséntase en FITUR

A Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas (o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia), fixo a súa presentación este venres 24 de xaneiro oficial en FITUR, a feira turística estatal de...

+

Sábado 25, marcado por chuvascos, frío e neve en cotas altas

Tras o paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha masa de aire frío, que deixará ceos parcialmente cubertos e precipitacións intermitentes ao longo da xornada. Os chuvascos serán máis frecuentes durante a mañá, con...

+

Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.Os Requisitos para inscribirse son: Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...