Os colexios rurais agrupados de Dodro e Padrón realizan en febreiro dúas xornadas de portas abertas

27 Xaneiro 2025

Dende os Concellos de Dodro e Padrón informan de que a rede de escolas locais do Colexio Rural Agrupado (CRA) vai realizar dúas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as vantaxes de cursar estudos nos centros que o conforman. As xornadas realizaranse en febreiro e brindarán ás familias a oportunidade de visitar as escolas e coñecer máis de preto o seu traballo.

Os CRA, Colexios Rurais Agrupados, son agrupacións de escolas unitarias da zona rural dun ou varios concellos que constitúen un só colexio público. No caso do de Dodro e Padrón (o CRA Dodro – Padrón) a rede é “herdeira das antigas unitarias nas que creceron os nosos avós”, informan dende os Concellos, salientando que “combinan a autonomía das escolas unitarias que o integran cunha xestión unificada e pública”. Nas xornadas de portas abertas destacaranse os “puntos fortes” destes centros educativos, que “se manteñen pegados á terra, preto da veciñanza e mantendo unha relación entre profesor e alumnos, e entre profesor e familias, como non se atopa en outros modelos escolares”.

Entre os vindeiros 18 e 25 de febreiro o CRA Dodro Padrón celebrará unhas xornadas de portas abertas, de 16:15 a 18:15, nas escolas de A Ponte, Arretén, Bexo, Escravitude, Extramundi, Laíño, Lestrobe e Vigo.

Podemos inscribirnos para participar no 680168637 ou escribindo a cra.dodro.padron@edu.xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...