O PSOE propón saldar unha débeda” con Castelao promovendo un estudo sobre a construción do Goberno de Galicia no exilio

29 Xaneiro 2025

A portavoz socialista de Cultura no Parlamento Galego, Silvia Longueira, defendeu na sesión plenaria deste mércores 29 de xaneiro “saldar unha débeda con Castelao” promovendo o estudo da construción do Goberno de Galicia no exilio e a difusión desa historia, “que nunca acabamos de coñecer e honrar”. Foi a través dunha emenda á iniciativa coa que o BNG propoñía recoñecer a Castelao coma primeiro presidente de Galicia.

Longueira valorou na súa intervención o legado político e creativo de Castelao como “un patrimonio descomunal de Galicia”, tanto dos galegos e galegas “que non o coñecen, como dos que o usan e dos que o teñen como guía”. Mais sinalou que todo ese patrimonio creado no exilio “nunca pretendeu expender certificados de galeguidade, senón simplemente explicar quen somos, denunciar a ignominia e procurar medrar nunha amplitude de miras”.

Desde a tribuna, a deputada coruñesa recoñeceu a importancia do Consello de Galiza, creado en Montevideo en 1944 por deputados galegos exiliados a modo de continuidade dun autogoberno en plena ditadura. Porén, remarcou que “non se poden outorgar títulos políticos coma se fosen títulos nobiliarios”. Ao contrario, convidou a “situar por enriba de nós mesmos ao home que perdeu a arcadia da vida pero atopou un camiño para o futuro”.

Silvia Longueira afirmou que polo que aposta o PSdeG, o partido que cada Día de Galicia homenaxea a Castelao no seu Rianxo natal, é por poñer de relevo “ese periplo que levou a sentar o precedente da vontade democrática e da construción dunha sociedade máis igualitaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.