O PSOE de Rianxo acusa ao Goberno local de inacción en materia de emprego

22 Xaneiro 2025
Óscar Rial, voceiro do PSOE de Rianxo, nunha entrevista recente

Os socialistas rianxeiros fixeron balance da actividade do Goberno en 2024, en mans de Rianxo en Común. No comunicado o PSOE cualifica o exercicio dun “ano de retroceso e abandono institucional”. Foi, sinala o grupo de Óscar Rial, “un ano para esquecer, marcado pola maior perda de poboación da última década, cun descenso acumulado do 0,98%, un dato que reflicte non só o envellecemento da poboación e a busca de oportunidades laborais fora de Rianxo, senón tamén a inacción do grupo de Goberno, quen prefire maquillar a realidade en lugar de afrontala”, opina a agrupación no comunicado, engadindo que “Rianxo tivo a taxa de paro máis alta do último semestre de 2024, alcanzando un 7,73%, fronte ao 7,28% de Boiro e o 7,25% de Pobra do Caramiñal”.

Estes datos, sosteñen, “evidencian que mentres outros municipios próximos traballan por mitigar os efectos da crise, Rianxo afúndese na inacción do seu Goberno local”.

Para o grupo a situación comercial en Rianxo é “grave”, sendo “o noso concello o que menos comercio xera, o que non avanza na xeración de solo industrial, e a espera de que implante a empresa Stolt Sea Farm, para poder dicir que o Goberno xerou emprego”.

Os socialistas tamén reclaman no seu comunicado que o Concello entregue os datos sobre a participación dos veciños no Programa Integral de Emprego desenvolvido en colaboración cos concellos de Boiro e Pobra do Caramiñal no 2024: “Desde o PSOE de Rianxo reclamamos esta información de forma reiterada, especialmente para coñecer cantas persoas empadroadas de Rianxo participaron nestas iniciativas”.

Conclúen que “é hora de pasar das palabras á acción efectiva; urxe un cambio de rumbo que priorice a creación de emprego, a atracción de investimentos e a mellora das condicións de vida dos rianxeiros e rianxeiras”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.