O pleno de Boiro dá novo impulso ao Parque da Idade do Ferro do Barbanza e rexeita o proxecto de reabrir a mina de Touro

29 Xaneiro 2025

O Concello de Boiro celebrou este martes día 28 o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. Como de costume, a sesión pode visualizarse íntegra na canle de YouTube municipal. A sesión saldouse con acordos relevantes como a aprobación do POS +2025 da Deputación da Coruña e dos proxectos que serán sufragados cos fondos da institución provincial. Tamén foi aprobada a renovación do convenio para por en marcha o proxecto Parque arqueolóxico da Idade de Ferro: os castros dos praestamáricos en colaboración coa Deputación da Coruña e os concellos da comarca. Trátase dunha iniciativa para converter o Barbanza nun referente territorial en patrimonio castrexo, cultural e turístico que abranguerá (e impulsará) os castros de Neixón e do Achadizo, no caso de Boiro, ademais doutros tesouros arqueolóxicos da contorna datados na Idade do Ferro. Na sesión tamén colleu impulso o rexeitamento ao novo proxecto de reapertura da mina de Touro (Cobre San Rafael).

Votacións da sesión:

1 Aprobación de actas de sesións plenarias anteriores

2 POS+2025 – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 7 abstencións (PP e BNG).

3 Aprobación do texto da renovación do convenio do proxecto Parque arqueolóxico da idade do ferro: Os castros dos Praestamáricos – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).

    O BNG presentou unha moción de urxencia relativa ao Rexeitamento do novo proxecto de reapertura da explotación mineira de Cobre San Rafael SL nos concellos de Touro e O Pino – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).

    Outros artigos

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

    “Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

    Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.