O conselleiro do Mar louva o traballo das entidades do GALP Costa Sostíbel a prol da dinamizaciñón do litoral

18 Xaneiro 2025

A conselleiro do Mar, Alfonso Villares destacou este venres 17 de xaneiro “o alto valor engadido da colaboración das entidades locais do GALP Costa Sostíbel” na dinamización das zonas costeiras a través dos proxectos executados ao abeiro das convocatorias de axudas de fondos FEMPA da Unión Europea nos pasados exercicios. Villares lembrou “o labor vital” dos Grupos de Acción Local Pesqueira na clausura da xornada organizada polo GALP, que integra a entidades da franxa litoral de Fisterra e ría de Muros Noia. Nun plano máis concreto, puxo en valor o exemplo aportado no coloquio celebrado durante a tarde do venres entre o restaurante O Salgadoiro, o RBS Craft de fabricación de embarcacións de reciclaxe, Algamasa e Cabanas de Quilmas.

Xunta a estas iniciativas, o conselleiro louvou o recoñecemento a diversos proxectos do sector pesqueiro, a economía azul, o impulso do patrimonio ambiental e a gobernanza e a cultura e o benestar. Indicou que cada unha destas iniciativas “contribuíu ao cumprimento dos distintos obxectivos estratéxicos dos GALP”, entre os que citou a creación de empresas e xeración de emprego, a mellora e posta en valor da industria transformadora e comercializadora, o pulo ao desenvolvemento dun sector turístico sostible e a participación nos procesos de conservación patrimonio marítimo pesqueiro.

Estes e outros datos achegounos no transcurso dunha xornada do programa Ideas Transformadoras do GALP Costa Sostíbel: unha xornada de traballo sobre innovación, sustentabilidade e competitividade pesqueira e marisqueira, organizada polo GALP de Fisterra e a ría de Muros-Noia e máis a Xunta. No seu transcurso mostráronse as apostas que realizaron os promotores da nosa zona para desenvolver o territorio Costa Sostíbel. Foi, en palabras da organización, “unha xornada para servir inspiración a outras empresas, institucións ou particulares para seguir avanzando cara o Horizonte 2027”.

Contouse coa presenza de Mariano Lago, presidente do GALP e no seu transcurso proxectouse un vídeo sobre o proxecto Ideas Transformadoras e un coloquio no que participaron os responsábeis do Restaurante O Salgadoiro, RBS Craft Fabricación de Embarcacións de Reciclaxe, Algamasa e Cabanas de Quilmas. Logo veu a entrega de distincións pola contribución á aplicación ELDP do GALP, seguida da presentación do jingle oficial do grupo de acción, da clausura da xornada (por parte do conselleiro do Mar) e dunha degustación de produtos mariñeiros. Na xornada tamén participaron a alcaldesa de Muros, María Lago, e os rexedores de Outes e Noia, Manolo González e Santiago Freire. entre outras/os.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...